CASA NA AVENIDA EZEQUIEL LÓPEZ 17

Civil
139

Localización

Parroquia: Cedeira (Santa María do Mar)

Lugar: Cedeira

Avenida Ezequiel López 17

15350  Cedeira - A Coruña

Coordenadas:
43º 39' 38.0" N - 8º 03' 21.9" W

Descrición

É de gran interese a profusa decoración, moi propia do modernismo, concentrada sobre todo no baixo e primeiro andar. As portas rematan en arcos lobulados repletos de elementos vexetais, que tamén aparecen na parte superior das fiestras, e nos balcóns. Resulta curioso o paramento do primeiro andar, xa que está dividido por unha retícula cuberta con ornamentación tamén de tipo naturalista. As ménsulas decoradas dos balcóns e o uso do ferro nos mesmos e na parte superior das portas constitúen, igualmente elementos de interese.

Acceso

No núcleo urbano.

Accesibilidade

Peonil e/ou en coche.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.
Última actualización: 04/05/2018
Arriba