IGREXA DE SAN PEDRO DA TORRE

Relixioso
188

Localización

Parroquia: San Pedro da Torre (San Pedro)

Lugar: Entrerríos

32227  Padrenda - Ourense

Coordenadas:
42º 09' 09.0" N - 8º 07' 54.9" W

Descrición

A orixe desta igrexa atópase na Baixa Idade Media cando se ordena construír un Hospital nese lugar e como consecuencia obrígase a edificar unha ermida para atender o culto dos enfermos. Esta ermida sería o precedente da igrexa actual, resolta con nave única, capela maior e sancristía, totalmente cubertas con diferentes tipos de bóvedas, o que pon de relevo polo menos 5 etapas construtivas. A primeira delas corresponde á capela maior, cuberta con bóveda de aresta, onde hai unha inscrición onde figura o ano 1674. A segunda etapa correspondería coa parte seguinte da nave, cuberta con bóveda de canón, datada en 1690. A terceira etapa construtiva dataría da primeira metade do século XVIII, en correspondencia co tramo cuberto coa bóveda de crucería. A cuarta etapa, da fachada e torre lateral, sería de finais do século XVIII tanto pola análise da estrutura da propia torre coma pola disposición das amplas molduras da porta e da ventá. Finalmente, a última etapa correspondería coa construción da sancristía, cuberta con bóveda idéntica á da capela maior datada en 1885.
Última actualización: 11/07/2018
Arriba