IGREXA DE SANTA MARÍA DE RÉGOA

Relixioso
1332

Localización

Parroquia: Régoa (Santa María)

Lugar: O Adro

15358  Cedeira - A Coruña

Coordenadas:
43º 40' 38.0" N - 8º 02' 02.0" W

Descrición

Igrexa de estilo barroco de tipoloxía rural, construída nos séculos XVI, XVII e XVIII. Presenta unha planta rectangular onde se desenvolve unha soa nave, con dúas pequenas capelas laterais. Interiormente, o edificio mostra bóvedas nervadas na ábsida mentres que a nave se cobre mediante un falso teito distribuído entre arcos faixóns. Os espazos laterais áchanse delimitados por arcos de medio punto que se apoian sobre pilastras, en cambio o arco triunfal que delimita o presbiterio faino sobre columnitas semicíndricas de pouca altura e con decoración vexetal. Exteriormente, a construción posúe un interesante xogo volumétrico. A escasa decoración concéntrase na fachada principal, nun de cuxos laterais levántase a torre campanario, rematada nunha cupulita flanqueda por pináculos. Os muros están revogados e pintados de branco, agás os esquinais e contornos de vans, que presentan pedra á vista.

Acceso

Dende Cedeira, tomar a estrada cara a Santo André e aproximadamente a 3 kilómetros está a igrexa de Régoa.
Arriba
Axúdanos a mellorar!