IGREXA DE SAN FIZ

Relixioso
1377

Localización

Parroquia: San Fiz de Monfero (San Fiz)

Lugar: A Igrexa

15619  Monfero - A Coruña

Coordenadas:
43º 19' 30.9" N - 8º 03' 19.0" W

Descrición

Igrexa do século XVIII, sen estilo definido, debido ás distintas remodelacións. Planta rectangular, con dúas naves, sancristía e pequena capela no muro setentrional. No interior, nave central con bóveda, aberta ao lateral con arcos de medio punto. No exterior, muros revestidos e branquexados exceptuando os esquinais, arcos e vans. Destaca a riqueza volumétrica, con distintos corpos anexionados ao central. Fachada principal, organizada nun corpo, con porta rematada en arco de medio punto e protexida por pequeno pórtico e torre campanario, con acceso mediante escaleira de caracol. Na ornamentación destaca o retablo neoclásico situado no altar maior e un segundo retablo, de singular policromía, na cabeceira da nave lateral.

Acceso

Dende a capital municipal, no núcleo de As Travesas, atópase o desvío que indica cara á Igrexa parroquial, 1 km.
Arriba