IGREXA DE SANTA MARÍA DO ALTO DO XESTOSO

Relixioso
260

Localización

Parroquia: O Alto de Xestoso (Santa María)

Lugar: A Graña

15315  Monfero - A Coruña

Coordenadas:
43º 21' 28.9" N - 7º 55' 10.9" W

Descrición

Igrexa de estilo barroco, de tipoloxía rural frecuente na bisbarra. Planta rectangular cunha soa nave, pequena sancristía e presbiterio. No interior, distintas remodelacións deron lugar a unha nave con bóveda e teitume de madeira pintada de azul separada do presbiterio por un arco triunfal apuntado apoiado sobre pilastras. No exterior, muros de cachotería miúda e reforzo de pezas graníticas á vista nos esquinais. Cuberta de lousa a diferentes augas. Complexa volumetría que reflicte os distintos corpos anexionados ao principal. Fachada principal, organizada nun só corpo, con porta rematada en arco apuntado. Sobre a cornixa, espadaña de dous corpos rematada por pináculos en bóla. Acceso ao interior a través dun pequeno pórtico anexionado ao muro lateral. Destacan dous pequenos retablos de características neoclásicas e policromías semellantes ao mármore na cabeceira e muros laterais do altar maior. Accesibilidade: coche, autobús, peonil.

Acceso

Dende a capital municipal, tomar a estrada AC-151 sinalizada Irixoa, a 4 km no núcleo de Xestal, tomar á esquerda onde indica Val Xestoso, Alto Xestoso e As Pontes. Esa estrada, a DP-3902, enlaza coa DP- 0905. Alí toma á esquerda  dirección a Alto Xestoso.A uns 5.5 km no cruzamento tomar dirección sinalizada a Alto Xestoso, continuar ata a sinalización a Graña da Igrexa, nas inmediacións atópase a igrexa parroquial.

Accesibilidade

Peonil e/ou en autobús e/ou en coche.
Última actualización: 26/09/2018
Arriba