ERMIDA DE SANTA LUCÍA DE OLVEIRA

Relixioso
1176
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Olveira (San Martiño)

Lugar: Lucín

15151  Dumbría - A Coruña

Coordenadas:
42º 58' 26.0" N - 9º 02' 29.9" W

Descrición

Construída entre os séculos XVIII e XX, de estilo Barroco – Ecléctico. Capela dunha soa nave de planta rectangular cóbrese cun tellado a dúas augas con tella curva do país. O trazo máis característico é o pórtico pegado ao muro sur, un pórtico de cantería aberto por tres dos seus lados que servía para abrigar aos romeiros das inclemencias do tempo e como altar exterior nos días de festa. Está situada na ladeira do Monte Sino e preto do Camiño a Fisterra-Muxía. Lugar célebre pola romaría que se celebra na honra de Santa Lucía. O ritual consiste en lavar os ollos enfermos coa auga da fonte santa, secalos cun pano e deixalo colgado nas matogueiras que medran arredor da fonte. Este ritual hidrolátrico, posiblemente de orixes ancestrais, foi cristianizado ao estenderse o culto ao apóstolo.

Acceso

Saír de Dumbría cara o SE pola DP-3404 dirección Serra de Outes. Atravesar os pobos de Hospital e O Logoso, rodear o lugar de Olveiroa e xirar á esquerda dirección Ermida de Santa Lucía, continuar a pista de acceso ata a mesma.

Camiños de Santiago

Camiño de Fisterra-Muxía
Arriba