IGREXA DE SANTA MARIÑA DE SILLOBRE

Relixioso
1494
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Sillobre (Santa Mariña)

Lugar: O Souto

Rúa Mestre Lois Rodríguez Calvo

15509  Fene - A Coruña

Coordenadas:
43º 28' 38.6" N - 8º 08' 47.7" W

Descrición

Igrexa de estilo barroco da primeira metade do XVII. Planta de cruz latina, á que se lle engadiron dous corpos rectangulares. Aos pés da nave atópase o coro alto. O interior da nave principal está cuberta por unha bóveda de canón sostida por arcos. Destaca o retablo do altar maior, de madeira e policromado de dourado. No exterior os panos dos muros de cachotería contrastan cos contornos de vans, os esquinais e a fachada principal, onde quedan á vista magníficos perpiaños. Na fachada principal destacan o arco de medio punto sobre a porta de entrada e a cornixa rematada por pináculos. A torre do campanario culmina nunha cúpula semiesférica. Cuberta a diferentes augas de tella curva.

Acceso

Dende Fene, pola nacional VI en dirección A Coruña. No primeiro cruzamento coller o desvío á esquerda a Sillobre e Lavandeira, continuar 1,5 km, na curva xirar á esquerda ata a igrexa.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba
Axúdanos a mellorar!