CAPELA DE PRUZOS

Relixioso
952

Localización

Parroquia: Churío (San Martiño)

Lugar: Pruzos

15313  Irixoa - A Coruña

Coordenadas:
43º 15' 03.9" N - 8º 04' 19.9" W

Descrición

Pequena capela, sen estilo definido, de tipoloxía rural frecuente na bisbarra. Pertencente a un pazo ou casa grande do cal se conservan as ruinas. Planta rectangular e única nave. Volume prismático cun pequeno campanario. No interior, conserva restos de pinturas, por exemplo cruces nas paredes laterais, de cor azul, e unha representación de cortinaxe no altar. Quizais sexa esta interesante mostra de pinturas o valor principal da capela.
Arriba