PR-G 95 SENDEIRO DE "OS CARRANOS"

Sendeirismo
2787

Localización

Covelo - Pontevedra

Coordenadas:
42º 16' 15.7" N - 8º 21' 11.0" W
42º 16' 48.3" N - 8º 20' 43.1" W

Descrición

Xunto á antiga casa reitoral de Fofe iníciase esta rota que baixa ata a área recreativa da praia fluvial de Maceira, visitando no seu percorrido o destacable serradoiro hidráulico dos Carranos. No traxecto, os bosques da ribeira do nacemento do río Tea amosan a súa riqueza natural, e a estilizada Ponte Romana de Fofe, probablemente de época medieval, permite gozar dende o alto das magníficas vistas das piscinas naturais do río.

O serradoiro dos Carranos, construído en 1922, mostra nun lateral a nora que aínda move a súa maquinaria, impulsada pola auga do regato de Vixiáns. Nel, noutrora facíanse carros, o cal lle valeu o seu nome, e tiña sequeiro e almacén de madeira, así como unha pequena forxa para elaborar as ferraxes coas que calzar as rodas dos carros.

Acceso

Dende a estrada N-120 en Paraños desviarse a Covelo. Logo continuar ata Maceira, posteriormente ata a praia de Maceira e seguir ata Fofe.

Lonxitude

5,2 km (5 km a rota principal e 0,2 nunha derivación de ida e volta. As variantes PR-G 95.1 e 95.2 esténdense por 0,6 e 1,1 km de lonxitude respectivamente).

Punto de partida/chegada

Punto de chegada: Praia Fluvial de Maceira - UTM:29T X: 553500 Y:4680300
Punto de partida: Reitoral de Fofe - UTM:29T X:554100 Y:4681300

Percorrido

Reitoral de Fofe, Ponte Romana de Fofe, serradoiro dos Carranos, Trasfontán, praia fluvial de Maceira.

Dificultade

Fácil

Duración

2 horas.

Material

Recoméndase ir preparado con calzado deportivo impermeable.

Servizos

En Fofe e en Maceira.

M.I.D.E.

Esforzo M.I.D.E.:
Itinerario M.I.D.E.:
Desplazamento M.I.D.E.:
Medio M.I.D.E.:

Acceso en bicicleta

Non apto

Acceso a cabalo

Apto parcialmente

Cartografía I.G.N. (1:25:000)

Nº 224-II Melón

Máis información

Concello de Covelo
Tel.: 986 650 027
www.concellodecovelo.es

Federación Galega de Montañismo
Tel.: 986 208 758 / Fax: 986 207 407
sendeirismofgm@yahoo.es
www.fgmontanismo.com

Tipo de percorrido

Pequeno percorrido

Interese

Arquitectura tradicional
Etnografía
Interese naturalista

Plano

Data de recollida inicial: 01/08/2019
Arriba