Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: CAPELA DA VENERABLE ORDE TERCERIA DE SAN FCO.&body=Recoméndoche que leas a información CAPELA DA VENERABLE ORDE TERCERIA DE SAN FCO. extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/26184/capela-da-venerable-orde-terceria-de-san-fco.?langId=gl_ES
Esta capela, pegada ao convento de San Francisco polo seu lado norte, erixiuse entre 1681 e 1706 seguindo as trazas dadas polos arquitectos Domingo de Andrade e Diego de Romay. O templo é de planta rectangular, de nave única e cuberta con bóveda de canón reforzada por arcos faixóns. A cabeceira, de planta rectangular, péchase cunha cúpula sobre pilastras toscanas. Un pequeno coro levántase aos pés do templo.
O acceso á rúa facilítase por unha porta aberta no muro oriental, mentres que a occidental se articula por medio de cinco arcos que, funcionando a xeito de solios, se destinan a enterramentos e articulan os cinco corpos da nave. A fachada, de gran sinxeleza, remata cun campanario de planta rectangular, arcos de medio punto e coroado con cupuliña. A revocadura cobre os muros do templo, con excepción dos elementos en cadeirado de granito que bordean os vans.
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.