PAZO DE CAPITANÍA

Civil
1734
No Camiño de Santiago

Localización

Praza do Contralmirante Azarola Gresillón

15401  Ferrol - A Coruña

Coordenadas:
43º 28' 52.3" N - 8º 14' 22.0" W

Descrición

Edificio situado estratexicamente, no conxunto histórico-artístico do barrio da Magdalena. Residencia oficial do Capitán Xeral do Departamento da Zona Marítima do Cantábrico. Fronte a ela atópanse os coidados xardíns de Herrera, cun paseo de magnolios e a estatua en bronce do mariñeiro Jorge Juan, sinalando cun dedo os arsenais, xa que foi un dos seus deseñadores e o introdutor da técnica inglesa da construción naval. Desde o seu miradoiro contémplase unha das mellores panorámicas dos arsenais e a ría de Ferrol. Edificio neoclásico, cun primeiro corpo almofadado liso, un segundo corpo con vans rectangulares rematados en arco de medio punto e un terceiro corpo con vans rectangulares alintelados. Culminan o edificio dous frontóns triangulares nas esquinas. Interesante mostra de arquitectura con funciones militares.

Acceso

Núcleo urbano.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba