PR-G103 SENDEIRO DOS PETROGLIFOS DE COBRES

Sendeirismo
No Camiño de Santiago
601

Localización

Vilaboa - Pontevedra

Coordenadas:
42º 20' 09.3" N - 8º 39' 19.7" W

Descrición

Interese xeral

Esta ruta circular principia na parroquia de Santa Cristina de Cobres, no núcleo rural denominado Areeiros. Por detrás da casa rural coñecida como «Os Areeiros», iniciamos o percorrido a través dunha pista forestal que discorre á beira dalgunhas leiras e que, pouco e pouco, se interna nunha masa boscosa onde se amosarán as primeiras mostras dos petróglifos, a ambos os lados do camiño.
Despois destas primeiras descubertas, recoméndase coller a derivación ao Miradoiro de Acuña, dende onde se poderá contemplar unha espectacular panorámica sobre a Ría de Vigo.
Tras regresarmos á ruta principal, a uns 900 m, o sendeiro sepárase da pista forestal e ascende por un camiño ata chegar ao barrio de Vilar. Tras cruzar este pequeno núcleo de casas, chégase a un pequeno curuto onde se sitúan varios petróglifos. Dende aquí, o vieiro baixa de novo cara á casa de turismo rural.

Acceso

N-550 entre Pontevedra e Redondela, desviarse en Vilaboa pola N-554 e, unha vez en Cobres, tomar o desvío a Areeiros.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués

M.I.D.E.

Esforzo M.I.D.E.:
Itinerario M.I.D.E.:
Desplazamento M.I.D.E.:
Medio M.I.D.E.:

Máis información

Concello de Vilaboa
Toural, s/n. 36141 Vilaboa
Tel.: 986 708 215/ Fax: 986 708 387
e-mail: info@vilaboa.org www.vilaboa.org

Asociación de Desenvolvemento Rural Proder II-Comarca de Pontevedra
Rúa Santa Clara, 4 - 2º. 36002 Pontevedra
Tel.: 986 108 144 / Fax: 986 108 009
e-mail: adrproderpontevedra@mundo-r.com
www.adrproderpontevedra.org

Cartografía I.G.N. (1:25:000)

Cartografía: Nº 185-IV Soutomaior.

Acceso en bicicleta

Apto totalmente

Acceso a cabalo

Apto totalmente

Punto de partida/chegada

Punto de partida: Areeiros (Vilaboa) - UTM:29T X:528389 Y:4687131

Links

Percorrido

Recorrido: Casa Rural de Os Areeiros, Vilar, Chan da Rúa, Calverte e Casa Rural de Os Areeiros.

Servizos

Descrición servizos: En Areeiros de turismo rural. Fóra da ruta, en Vilaboa e Cobres.

Perfil altitudinal

Altura mínima sobre o nivel do mar: 135 m.
Altura máxima sobre o nivel do mar: 213 m.
Desnivel acumulado baixando: 78 m.
Desnivel acumulado subindo: 82 m.

Dificultade

Baixa

Lonxitude

Lonxitude descrición: 3,32 km. (A ruta principal mide 2,936 km e a derivación de ida e volta 384 m).
Lonxitude (Km.): 3.32

Duración

Duración (horas): 1

Tipo de percorrido

Pequeno percorrido
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.

Plano

Última actualización: 15/11/2016
Arriba