COVA DO REI CINTOLO

Espazos naturais
No Camiño de Santiago
1056
Natureza Espazos naturais Outros espazos naturais

Localización

Parroquia: Argomoso (San Pedro)

Mondoñedo - Lugo

Coordenadas:
43º 23' 42.0" N - 7º 22' 09.0" W

Descrición

Entramos nunha cavidade natural singular pero de estrutura labiríntica e daquela, plural de posibilidades. Seis quilómetros e medio de lonxitude explorada repartidos en diversas galerías de orixe cárstica nun terreo con presenza de lousa o que lle confire personalidade xeolóxica ademais das características formacións como columnas de estalactitas e estalagmitas, coladas e bandeiras. O desnivel máximo ronda os 75 metros, con augas interiores que alimentan varios lagos e unha corrente subterránea ou río Celtas na cota inferior.

Este é o santuario entre a ciencia e a lenda da espeleoloxía galega. A forza mítica do seu nome converteuse por último en demanda turística. Está prevista a construción dun centro de interpretación da cova próximo á única entrada da gruta e a apertura ao público do treito central con boas condicións horizontais para a visita duns 300 metros, ida e volta.

A rota de senderismo da auga enlaza o orixinal barrio mindoniense dos Muíños co Salto do Coro e finalmente coa Cova do Rei Centolo na parroquia de Argomoso.

FAUNA: Refuxio de morcegos pertencentes a varios xéneros ( Rhynolophus, Myotis...) e interesantes colonias de invertebrados: descuberto no interior algún crustáceo único no noroeste peninsular.

SERVICIOS: En Mondoñedo.

Visitas

Outras restricións: Recoméndase traer roupa que non importe manchar e, incluso, roupa para mudarse tras a visita. É preciso contar cunha forma física e mobilidade normal. Tamén é necesario traer calzado pechado con fondo de goma para evitar esvaróns.
Idade mínima de acceso 12 anos.
Requisitos: As visitas fanse a unha cova en estado natural propoñéndose un percorrido aproximado de 300 metros lineais polo Sector Central nun entorno atractivo e seguro, sen habilitar. O tempo estimado de percorrido dentro da cova é de 1h. e 15

O custo é de 15 € por persoa e a visita é sempre guiada e en grupos reducido.
Para a súa realización proporciónase aos visitantes casco con iluminación, guantes e un mono de celulosa (dun só uso) .
As salidas son dende a Oficina de Turismo de Mondoñedo (moi cerca da Catedral), nas horas establecidas ao efecto. O transporte dende alí ata a cova -a 6,5 kms- debe facelo cada visitante ou grupo polos seus propios medios. O guía irá indicando o camiño.

Para mais información, reservas e venta de entradas, contactar coa Oficina de Turismo de Mondoñedo
Os centros escolares en visita organizada teñen redución de prezo.
Duración mínima: 1:30
Reserva previa
Visitable
Horarios: A Cova está aberta a estas visitas guiadas de abril a decembro con horarios de maña e tarde.

Camiños de Santiago

Camiño do Norte

Superficie

6.500 metros de lonxitude distribuídos en catro zonas.

Situación

Concello de Mondoñedo (Lugo), parroquia de Argomoso, entre as aldeas de Supena e Orxal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.
Última actualización: 04/05/2015
Arriba