CAPELA DE SANTA TREGA

Relixioso
2089
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: A Guarda (Santa María)

Lugar: Santa Trega

36780  A Guarda - Pontevedra

Coordenadas:
41º 53' 20.0" N - 8º 52' 15.8" W

Descrición

Na cima do Monte de Santa Trega levántase este santuario. Posiblemente a monxa Exeria tras regresar da súa peregrinación por Oriente, introduciu a devoción pola Santa entre os ermitáns do Baixo Miño na Alta Idade Media. A existencia dunha ermida está documentada xa no s. XII pero as reformas e ampliacións do s. XVI e XVII déronlle o seu aspecto actual. A Virxe de Santa Trega é a patroa da Guarda e conta con gran tradición relixiosa na comarca. O 23 de setembro celebrase a súa festividade e durante a mañá celébranse as misas e tras a procesión na honra á Virxe celébranse as tradicionais poxas dos produtos ofrecidos á santa. Despois as familias comen ao aire libre no Monte. 

Camiños de Santiago

Camiño Portugués da costa
Arriba
Axúdanos a mellorar!