ALDEA DE FERRAMULÍN

Etnográfico
339

Localización

Parroquia: Hórreos (San Pedro)

Lugar: Ferramulín

27328  Folgoso do Courel - Lugo

Coordenadas:
42º 34' 31.0" N - 7º 03' 15.0" W

Descrición

Deixando Visuña, chegamos á fermosa aldea de Ferramulín, onde aínda podemos atopar un muíño en funcionamento, situado no centro da aldea. Nesta zona, onde se xunta o río Visuña e o Selmo, pódense ver pequenas construccións agrícolas-ganadeiras que xurdiron da necesidade xerada polas labores da sega e o pastoreo, que constitúen un bo exemplo da arquitectura popular da serra. Estas estructuras abundan noutras zonas de O Courel e xeralmente están apartadas dos núcleos principais de poboación.
Na primeira subida, o saír desta última localidade, xusto nunha curva á esquerda, está a sinalización da baixada á Fervenza de Vieiros á que podemos acceder realizando un pequeno percorrido a pé. É tamén visible desde o alto si continuamos a estrada algúns metros.

Acceso

Dende a capital municipal, Folgoso, tómase a estrada cara a Seoane. En Seoane tórcese á dereita hacia Visuña. Pasando Visuña atopamos Ferramulín.

Accesibilidade

Peonil e/ou en coche.
Última actualización: 02/08/2018
Arriba