A LUME MANSO

Pensións - 1 Estrela
1282
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: San Cosme de Barreiros (San Cosme)

Lugar: A Áspera 8

27790  Barreiros - Lugo

Coordenadas:
43º 33' 13.9" N - 7º 14' 14.1" W

Descrición

A Lume Manso é unha pensión rural só para adultos.

Situada en Barreiros, corazón da Mariña Lucense, un pobo costeiro con algunhas das mellores praias de area fina e moi preto da famosa praia das Catedrais.

Este establecemento combina á perfección o estilo tradicional e moderno. O gusto pola sinxeleza da un ambiente acolledor, situado nun entorno apracible e tranquilo onde os hóspedes poderán desfrutar do sosego matinal, e así sentirse como na súa casa.

A Lume Manso conta con sete habitacións dobres con baño privado, totalmente equipadas e exquisitamente restauradas e decoradas, que son o lugar ideal para o descanso na túa escapada a Galicia. Estas divídense en tres tipos: Dobre Estándar, Dobre Superior e Dobre Superior con acceso ao xardín.

Rodeados de natureza, o bon ambiente e a tranquilidade reinan nesta casa para que a túa experiencia sexa do máis gratificante.

Camiños de Santiago

Camiño do Norte

Réximes

Almorzo
Almorzo buffet

Tipos de servizos

Admite tarxetas de crédito
Almorzo incluido no prezo
Aluguer de bicicletas
Aparcadoiro de superficie
Biblioteca
Calefacción central
Calefacción individual
Internet / wifi en zonas comúns
Internet nos cuartos / wifi
Salón de estar
Secador de cabelo nos cuartos
Televisión nos cuartos
Xardín terraza
Válida ata 30/06/2024
A Mariña en 2 días
Descobre A Mariña en 2 días e goza dunha escapada única! Reserva a túa estancia do 14 ao 30 de xuño, de luns a xoves, e benefíciate dun desconto exclusivo de 5€ por noite. Mergúllate na beleza da rexión e vive unha experiencia inesquecible connosco. Esperámoste para facer da túa viaxe unha experiencia extraordinaria!
Arriba
Axúdanos a mellorar!