MIRADOIRO DE CABEZOÁS

Áreas de recreo e miradoiros
704

Localización

Parroquia: Caxide (Santa Cristina)

32740  Parada de Sil - Ourense

Coordenadas:
42º 22' 25.1" N - 7º 36' 17.0" W

Descrición

Cabezoás é un dos miradoiros máis populares da Ribeira Sacra, o que indica a súa relevancia nun territorio caracterizado pola abundancia e calidade de puntos de observación.

Localízase ao pé da estrada, fronte ao meandro coñecido como Coto das Boedas, impresionante mole granítica de máis de 700 metros de altitude que cae vertical ao río nun desnivel que supera os 400 metros. Estamos nun dos puntos de maior profundidade do Canón do Sil.

Cabezoás conta cunha pasarela de madeira e unha plataforma que acentúa a visión vertixinosa do río, rodeada da vexetación propia da zona como castiñeiros, carballos e uceiras.
Localizar este recurso no mapa
Última actualización: 17/01/2018
Arriba