MIRADOIRO DO CORTELLIÑO

Áreas de recreo e miradoiros
No Camiño de Santiago
259

Localización

Parroquia: Belesar (San Lourenzo)

Baiona - Pontevedra

Coordenadas:
42º 04' 44.5" N - 8º 50' 12.6" W

Descrición

A serra da Groba sitúase moi próxima ao litoral de Baiona e Oia. Nela hai numerosos puntos de observación localizados a unha certa altitude o que permite ter boas vistas sobre o mar.

Así sucede co miradoiro do Cortelliño, espazo de lecer ao que se accede por unha pasarela de madeira e dende o que se pode gozar de amplas vistas sobre as rías de Vigo, Pontevedra e Arousa e mesmo Fisterra en días claros.

Localizada na magnífica contorna natural da Groba, a súa posición privilexiada permite a observación nítida de espazos como a vila de Baiona, Nigrán, o val Miñor, Monteferro e as illas Cíes, impresionantes na entrada da ría de Vigo.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués
Última actualización: 15/01/2018
Arriba