MIRADOIRO DE MURONOVO

Áreas de recreo e miradoiros
303

Localización

Parroquia: Río Barba (San Paulo)

O Vicedo - Lugo

Coordenadas:
43º 42' 02.8" N - 7º 40' 36.6" W

Descrición

O Vicedo localízase nun fermoso tramo do litoral lucense e conta con fantásticas praias. O interior tamén agocha atractivos de alto interese como o miradoiro de Muronovo.

Situado a máis de 400 metros de altitude, Muronovo aproveita as vías do parque eólico para obter unha formidable perspectiva da costa, tanto do Vicedo como do veciño Mañón, incluíndo unha boa vista do Barqueiro e de Bares.

A desembocadura do río Sor aparece no medio termo, coas súas pontes na contorna do Porto do Barqueiro e coa singular Ínsua de San Martiño situada nun lugar onde non sabe se aínda é río ou xa é mar.
Última actualización: 15/01/2018
Arriba