A CONCHA

Áreas de recreo e miradoiros
1041

Localización

Parroquia: Espasante (San Xoán)

Rúa: Miramar

15339  Ortigueira - A Coruña

Coordenadas:
43º 43' 01.4" N - 7º 48' 22.9" W

Descrición

A área recreativa da Concha atópase á beira da praia do mesmo nome. Os servizos cos que conta son entre outros: mesas, bancos, mesas de ping-pong, duchas, aseos adaptados, socorrismo, recollida selectiva, aparcadoiro, parque infantil e parque biosaudable. 
Ademais, atópase próxima ao punto de partida da Ruta dos Mariñeiros que forma parte do  Camiño da Costa e á súa vez está dentro do Camiño Natural da Ruta do Cantábrico.
Por outra banda, o Concello de Ortigueira forma parte do territorio do Xeoparque Cabo Ortegal e, nese contexto, na praia da Concha, que se encontra a carón da área recreativa, hai presenza de rochas volcánicas submariñas.
Arriba