MARINA VIVEIRO

Instalacións náuticas
3069

Localización

Avenida Ramón Canosa s/n

27850  Viveiro - Lugo

Coordenadas:
43º 40' 00.5" N - 7º 35' 41.6" W

Navegación

Aproximación de noite: Procederemos de igual xeito tendo en conta o balizamento: Vindo do E navegaremos á procura da luz do faro de punta Roncadoira (DB 7,5s 94m 21M). Superada esta navegaremos cara á luz do faro de Estaca de Bares (GpD (2)B 7,5s 101m 25M) ata comezar a ver as luces de punta Socastro (DV 5s 20m 7M) e punta de Faro (DV 5s 20m 7M), momento a partir do que comezaremos a pór rumbo cara a elas e ir entrando cara ao porto de Celeiro, o que conta cunha baliza ao final do dique de abrigo (GpD(2)R 7s) que nos servirá de punto de referencia. Con esta última ao través de babor xa teremos á vista as luces verdes (GpD(2+1)V 7s 9m 1M) do peirao sur do porto de Celeiro e as da canalización da canle (GpD(2)V 7s 9m 1M) que conduce ata o porto deportivo de Viveiro. Este conta con baliza verde (GpD(3)V 9s 9m 1M) no dique de abrigo exterior.
Aproximación de día: O Porto Deportivo de Viveiro encóntrase ao fondo da ría que leva o seu nome. A entrada na mesma está exenta de complicacións e moi ben protexida dos ventos do E-NE e do W-NW, as súas costas están limpas e mantéñense os calados entre 20 e 10 m ata a entrada no porto pesqueiro de Celeiro.
A boca da ría ábrese entre a Punta do Faro e a Punta Socastro, situada esta última a 1 M ao 290º da anterior. A aproximación débese realizar unha vez esteamos a media milla e na oposición de ambas as puntas, momento no que navegaremos ao Rv: 190º ata albiscar a columna vermella do espigón do porto pesqueiro de Celeiro. Unha vez teñamos esta ao través de babor poremos rumbo a pasar entre as dúas columnas verdes que marcan a entrada na canle que conduce ata o porto deportivo, deixando polo costado de babor o porto pesqueiro de Celeiro.
A canle, duns 80 m de anchura e 800 de lonxitude, está dragada a 3 m, profundidade que se conserva na bocana e dársena do porto deportivo.

Características

Anchura bocana (m): 75
Calado bocana (m): 3.8
Calado dársena (m): 2
Máxima eslora recomendada (m): 16
Nº de amarres fixos: 243
Grúa (tn): 8
Pórtico elevador (tn): 35
Nº de amarres transeuntes: 30

Cartas náuticas

SHOM: 6383
I.H.M.: 4082,931
Admiralty: 1108,1122

Servizos das instalacións

Acceso restrinxido a pantaláns
Aparcadoiro
Auga en amarre
Capitanía
Club de mergullo
Club de vela
Duchas e WC
Iluminación nocturna
Información meteorolóxica
Luz en amarre
Pagamento con tarxeta
Peirao de espera
Posibilidade de invernada
Radio (VHF 9)
Rampla de varado
Recarga botellas de mergullo
Recollida de lixo
Servicio Marpol
Taller mecánico
Teléfono público
Tratamentos no casco
Varadoiro pnas. embarcacións
Actividades e deportes Instalacións náuticas Instal. náutico deportivas.Marítima
Arriba
Axúdanos a mellorar!