REAL CLUB DE MAR DE AGUETE

Instalacións náuticas
1413

Localización

Rúa: Avda. Juan Gago de Mendoza 167

36913  Marín - Pontevedra

Coordenadas:
42º 22' 05.0" N - 8º 44' 00.9" W
+34 986 702 373
+34 986 702 708

Navegación

Unha vez en terra: A proximidade da capital provincial non lle fixo perder a Marín a súa personalidade e aproveita con habilidade as súas bazas turísticas. Trátase do gran porto pesqueiro e comercial da ría de Pontevedra; o seu tráfico de mercadorías é un dos máis importantes de Galicia. O seu nome vai asociado ao da Escola Naval Militar e ao buque escola Juan Sebastián Elcano, quizais amarrado a porto tras unha nova volta ao mundo.
A navegación deportiva recala en Aguete: porto, praia e pobo. A costa é unha sucesión de beiras rochosas, nítidas augas e limpos areais protexidos pola vexetación. En praias coma a de Mogor, atopamos un interesante conxunto de petróglifos co seu misterioso labirinto, en bo estado de conservación e accesible en primeira liña de costa. A illa de Tambo que agora no interior da ría, déixase cobizar polas miradas.
Cara ao interior da península do Morrazo, a área recreativa do alto de Cotorredondo e da lagoa de Castiñeiras ofrece un miradoiro natural sobre as Rías Baixas.
Aproximación de noite: Procederemos de igual xeito tendo en conta o balizamento:
Vindo do Sur navegaremos á procura da boca de entrada na ría de Pontevedra do SW, a que pasa entre o faro de punta Couso (GpD(3)BV 10,5s 20m B10M V8M) e o da illa de Ons (GpD(4)B 24s 127m 25M). Estando na oposición dos mesmos navegaremos rumbo 040º aprox. ata ter á vista polo costado de estribor a luz verde (GpD(2)V 7s 12m 5M) do baixo Cabezo da Mourisca, situada a pouco máis de media milla ao NE do cabo de Udra. Continuamos a navegar cara ao NE rumbo a pasar xunto á luz vermella (IsoR 5s 4M) da boia do baixo Cabezo de Mozarrán. Con esta polo costado de babor xa teremos á vista, pola proa, a luz do faro (GpOc(3)B 8s 35m 11M) de punta Tenlo Chico da illa do Tambo e a da boia do emisario submarino (GpD(4)A 11s 5M) situada a pouco menos de media milla ao E de punta Tenlo, e pola amura de estribor as luces verdes (GpD(4)V 11s 3M e GpD(2)V 7s 1M) que balizan a entrada a porto.
Aproximación de día: O Real Club de Mar de Aguete encóntrase na costa SE da ría de Pontevedra, entre Marín e punta Loira, ben visible desde o mar pola cantidade de barcos fondeados e os espigóns. Para chegar ata el non hai máis que seguir calquera das entradas na ría. A continuación descríbense ás súas canles de acceso:
• A primeira delas pasa entre o baixo Faxilda e o Picamillo, sóndanse entre 9,4 m e 15 m e é a principal para entrar pola boca do NW. Para tomar este paso abonda con levar enfilado ao 325º o monte Facho -en Corrubedo- co máis saínte cara ao mar da península do Grove.
• A segunda das canles pasa entre os baixos dos Camoucos e a illa de Ons, a penas ten 0,3 M de ancho e sóndanse entre 7 e 15 m. Estes baixos están balizados, así que non haberá máis que achar a media do paso entre a illa de Ons e a baliza. Se pasada a canle quérese continuar a navegar preto e paralelamente á illa de Ons para o S, haberá que afastarse desta polo menos 400 m.
• A terceira das canles é a que pasa pola boca do SW, é a máis segura e a única abordable con calquera tipo de mar.
Unha vez dentro da ría navegaremos cara ao interior deixando pola aleta de estribor a enseada de Bueu percorrendo a costa SE da ría o suficientemente próximos á terra para poder ver as instalacións do club de mar.

Características

Calado dársena (m): 2.5
Grúa (tn): 5
Anchura bocana (m): 15
Calado bocana (m): 3.50
Nº de amarres transeuntes: 2
Nº de amarres fixos: 50

Cartas náuticas

SHOM: 7596
I.H.M.: 416,416A,9251,4162
Admiralty: 1758

Servizos das instalacións

Aparcadoiro
Auga en amarre
Bar-Restaurante
Club de vela
Combustible Diésel
Duchas e WC
Iluminación nocturna
Información meteorolóxica
Luz en amarre
Mecánico motor e electricista
Pagamento con tarxeta
Radio (VHF 9)
Rampla de varado
Recollida de lixo
Servicio Marpol
Teléfono público
Tratamentos no casco
Vixilancia
Xeo
Actividades e deportes Instalacións náuticas Instal. náutico deportivas.Marítima
Arriba
Axúdanos a mellorar!