CASA DO CONCELLO

Civil
1136
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Corcubión (San Marcos)

Lugar: Corcubión

Praza Xosé Carrera 1

15130  Corcubión - A Coruña

Coordenadas:
42º 56' 39.9" N - 9º 11' 39.9" W

Descrición

A antiga escola (1924) da Fundación José Carrera acolle actualmente a Casa do Concello corcubionés. A construción deste edificio nace da vontade de don José Carrera Fábregas, natural de Corcubión e emigrado en Arxentina, quen doa o seu patrimonio á vila para a construción dun Asilo (proxecto que nunca se levaría a cabo) e unha Escola Práctica de Artes e Oficios. O edificio segue a tipoloxía das institucións escolares da época. Ten un corpo central cadrado que conecta as dúas ás dispostas simetricamente, nas que se distribuían as aulas. A Capela, situada no centro da fachada e onde se gardarían as cinzas do fundador, era o elemento que marcaba a división do espazo. Fachada de corte clásico cun eixe de simetría central marcado polo volume de entrada que sobresae lixeiramente do pano da fachada, enmarcado por dous pares de pilastras corintias que actúan como contrapunto vertical fronte á horizontalidade da fachada.

Acceso

No núcleo urbano.
Accesibilidade: a pé, en coche ou autobús.

Camiños de Santiago

Camiño de Fisterra-Muxía
Arriba