PONTE DO MILENIO

Civil
No Camiño de Santiago
278

Localización

Avenida Pardo de Cela - Rúa Xesús Pousa

32005  Ourense - Ourense

Coordenadas:
42º 20' 44.4" N - 7º 52' 27.1" W

Descrición

En 1998 péchase definitivamente a Ponte Vella á circulación rodada. Ao ano seguinte o Concello coloca a primeira pedra desta ponte, que se inauguraría o 1 de setembro de 2001. Obra de estética marcadamente vangardista, o seu deseño leva a sinatura do arquitecto Álvaro Varela, e a súa execución a do enxeñeiro Juan M. Calvo. Destaca pola súa singular forma elíptica, en especial pola curiosa pasarela peonil que chega a elevarse 22 metros, dando lugar a extraordinarios miradoiros sobre o Miño e que lle outorga un carácter exclusivo, acrecentado pola súa espectacular luminosidade nocturna. A súa característica máis relevante é a súa lonxitude (275 m.), xunto cos sistemas de tirantes pareados de aceiro e o van central de 36 metros. Realizado en formigón e aceiro, consta de catro carrís, dous en cada sentido, ademais das beiravías reservadas a peóns.

Accesibilidade

Peonil e/ou en coche.

Camiños de Santiago

Vía da Prata
Última actualización: 06/04/2018
Arriba