Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
MOSTEIRO DE SAN PEDRO DE ROCAS
O edificio prerrománico do mosteiro é sorprendente, tanto pola beleza do seu emprazamento e integración na Natureza como pola súa orixinalidade construtiva. O home do S. XIII soubo beneficiarse das formas naturais esculpidas pola erosión sen destruílas; rocha e arquitectura dan forma a tres capelas co chan furado por numerosos enterramentos antropomórficos. A espadana do campanario érguese directamente sobre un gran rochedo. Este mosteiro, fundado no S. VI por ascetas, recórdanos que estamos dentro da Ribeira Sacra.
Os petos de ánimas como o de Meiroá son pequenas arquitecturas en pedra, moi frecuentes en Galicia, que testemuñan profundas raíces no culto aos mortos e devoción polas ánimas. Localizados en camiños ou encrucilladas, poden ofrecer unha fisionomía variada. Os petos agochan imaxinería relixiosa (sobre todo escenas do purgatorio) cunha hucha onde realizar ofrendas e entregar esmola polas almas dos defuntos achegados.
Oficina de Información Turística de Esgos
Tel.: 988 372 020
info@concelloesgos.com
www.concelloesgos.com
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración