PR-G4 CAMIÑO REAL DE SAN PEDRO DE ROCAS

Sendeirismo
672

Localización

Esgos - Ourense

Coordenadas:
42º 19' 39.2" N - 7º 41' 43.8" W

Descrición



Arquitectura tradicional / etnografía
A ruta discorre por unha verea que conserva os seus muros laterais e o empedrado onde poden verse as rodeiras dos carros que a transitaban antigamente. Este "Camiño Real" constituía un eixe estratéxico como vía de comunicación cara ás terras de Aguiar e Ourense.

Hai que destacar o peto de ánimas de Meiroá, pero sobre todo o mosteiro de San Pedro de Rocas, monumento histórico-artístico fundado no ano 573.

O mosteiro ofrece vistas impresionantes sobre o Pazo de Rocas e un gran bosque de coníferas que ascende cara aos picos pedregosos que lle dan nome, orixinados pola actuación dos axentes xeolóxicos sobre este lugar.

Acceso

Saír de Ourense pola OU-536 e deterse en Esgos, a uns 16 km da capital da provincia.

Material

Calzado cómodo que se adhira ben a as pedras, xa que o camiño pode resultar esvaradío con chuvia.

M.I.D.E.

Esforzo M.I.D.E.:
Itinerario M.I.D.E.:
Desplazamento M.I.D.E.:
Medio M.I.D.E.:

Máis información

Oficina de Información Turística
Mosteiro de San Pedro de Rocas.
32720 Esgos.
Tel.: 988 361 368
Fax: 988 290 006
e.mail: esgos@concelloesgos.com
www.concelloesgos.com

Cartografía I.G.N. (1:25:000)

Nº 226-I Esgos y 188-III Nogueira de Ramuín.

Acceso en bicicleta

Apto totalmente

Acceso a cabalo

Apto totalmente

Punto de partida/chegada

Esgos

Links

Percorrido

Esgos, Meiroá, San Pedro de Rocas, Quinta do Monte e Esgos.

Un plus

O edificio prerrománico do mosteiro é sorprendente, tanto pola beleza do seu emprazamento e integración na Natureza como pola súa orixinalidade construtiva. O home do S. XIII soubo beneficiarse das formas naturais esculpidas pola erosión sen destruílas; rocha e arquitectura dan forma a tres capelas co chan furado por numerosos enterramentos antropomórficos. A espadana do campanario érguese directamente sobre un gran rochedo. Este mosteiro, fundado no S. VI por ascetas, recórdanos que estamos dentro da Ribeira Sacra. Os petos de ánimas como o de Meiroá son pequenas arquitecturas en pedra, moi frecuentes en Galicia, que testemuñan profundas raíces no culto aos mortos e devoción polas ánimas. Localizados en camiños ou encrucilladas, poden ofrecer unha fisionomía variada. Os petos agochan imaxinería relixiosa (sobre todo escenas do purgatorio) cunha hucha onde realizar ofrendas e entregar esmola polas almas dos defuntos achegados.

Servizos

Comida en Esgos

Perfil altitudinal

Altura mínima sobre o nivel do mar: 572 m.
Altura máxima sobre o nivel do mar: 816 m.
Desnivel acumulado baixando: 315 m.
Desnivel acumulado subindo: 328 m.
Perfil de elevación do sendeiro

Dificultade

Baixa

Lonxitude

9.0

Duración

3

Tipo de percorrido

Pequeno percorrido

Plano

Última actualización: 21/11/2016
Arriba