ARCO DE MAZARELOS

Civil
No Camiño de Santiago
517

Localización

Rúa: Praza de Mazarelos

15703  Santiago de Compostela - A Coruña

Coordenadas:
42º 52' 41.0" N - 8º 32' 31.9" W

Descrición

A expedición militar de Almanzor sobre Santiago no ano 997 leva ao bispo Cresconio (1037-1066) a reconstruír o sistema defensivo creado por Sisnando II (+ 968). Sobre o segundo anel defensivo (profundos fosos e cercas) que rodeaba o núcleo urbano (o primeiro protexía o locus Sancti Iacobi), edifica outra muralla con torreóns de planta cadrada e rolda interior. Durante os ss. XVI e XVII realízanse importantes reparacións e reformas no sistema defensivo. O arco de Mazarelos sería unha das portas que daban acceso á cidade. Existían ademais outros seis puntos de entrada dos que só se conservan os seus nomes: Porta da Pena, do Camiño (entrada do Camiño Francés), da Mámoa, Porta Faxeira, da Trinidade ou da Mahía, e a Porta de Sofrades. A porta de arco de medio punto peraltado ten acaroada no lateral sur unha edificación que conserva os baseamentos do torreón defensivo que flanqueaba a porta. Ambas arquitecturas están construídas en cadeirado de granito.

Acceso

Núcleo urbano. Centro histórico.

Accesibilidade

Peonil e/ou en coche.

Camiños de Santiago

Camiño de Fisterra-Muxía
Camiño de Inverno
Camiño do Norte
Camiño Francés
Camiño Inglés
Camiño Portugués
Camiño Primitivo
Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Vía da Prata
Última actualización: 27/02/2018
Arriba