YAYO DAPORTA

Restaurantes - 3ª Categoría - 2 Garfos
1498
Galicia Calidade
Calidade Turística
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa Hospital 7

36630  Cambados - Pontevedra

Coordenadas:
42º 30' 46.5" N - 8º 48' 53.2" W

Descrición


    Situado no pazo de Moltó, señorial edificio que ao longo da súa historia dedicouse tamén a hospital, este restaurante ofrece os seus servizos dende 2005. A dirección do equipo de cociña é responsabilidade de Yayo Daporta, mentres que a xestión da sala e da adega corresponde a Esther Daporta. Ambos forman o tándem perfecto para dar continuidade a este proxecto recoñecido con diversos galardóns nos últimos anos.

    A aposta deste chef é a elaboración dun receitario no que a tradición culinaria galega ten un peso fundamental, interpretada dende unha perspectiva contemporánea, pero na que se poden apreciar pinceladas doutras latitudes gastronómicas como as peruanas ou as asiáticas. Os mariscos e peixes de tempada, así como os produtos de horta de quilómetro cero marcan o ritmo en cociña, influenciado por unha contorna mariñeira e unha familia dedicada ao cultivo do marisco na ría de Arousa.

    As ostras, os mexillóns, as vieiras e as algas son algúns dos produtos polos que o cociñeiro, formado entre fogóns de renombrados restaurantes españois, sente predilección. Cando os recursos ofrecen a mellor calidade, Daporta recorre á lóxica, ao sentido común e ao emprego de técnicas como as reducións, que potencien o seu sabor natural e a intensidade que lles proporciona desenvolverse nas augas do Atlántico.

    Daporta selecciona persoalmente as pezas coas que a pesca de baixura fornece o mercado diariamente. Un dos seus obxectivos é que os comensais degusten unha cociña plenamente identificada con Cambados e isto conséguese dende a orixe ata o resultado final do proceso presentado nunhas mesas distribuídas nunha sala de aspecto clásico, onde as paredes pétreas evocan a historia da vila.

    A este espazo de comedor ábrese a adega acristalada da que se ocupa Esther, quen deseña as maridaxes máis adecuadas para cada menú, ademais de convidar os comensais a que entren e elixan o caldo que queren degustar.

    O papel do viño é fundamental nesta proposta gastronómica, como non podía ser doutra forma nesta localidade da comarca do Salnés, onde se cultiva o viño albariño, pertencente á D.O. Rías Baixas. Tal é a importancia, que unha das sobremesas está integramente realizada con esta bebida, empregando todos os procesos da uva. 

Camiños de Santiago

Ruta do Mar de Arousa e Ulla

Estrelas Michelin

Estrelas Michelin: 1 Estrela Michelin

Soles Repsol

2 Soles Repsol
Arriba