YAYO DAPORTA

Restaurantes - 3ª Categoría - 2 Garfos
1066
Galicia Calidade
Calidade Turística
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa Hospital 7

36630  Cambados - Pontevedra

Coordenadas:
42º 30' 46.5" N - 8º 48' 53.2" W

Camiños de Santiago

Ruta do Mar de Arousa e Ulla

O Restaurante

Chef: Yayo Daporta
Entrevista:
Esta é a miña cociña
Velaquí unha cociña co sabor do auténtico. Sabores nítidos, texturas impecables e, sobre todo, un fondo respecto polas materias primas que lles dan sona á ría de Arousa e ao val do Salnés.
De cerca
Sen artificios, sen delirios de autor, a cociña de Yayo é unha cociña contemporánea que busca compracer aos que confían nel para saborear o mellor de Galicia.
Nado nunha familia con empresas vinculadas ao mar e ao marisco, ninguén como Yayo para tratar os produtos galegos de sempre e, co seu talento, coa dose exacta de modernidade, convertelos en deliciosas sensacións.
O menú e algo máis
A Yayo gústalle visitar os seus provedores e seleccionar persoalmente as materias primas que precisa. Así que, cando un produto está na carta, un pode estar ben certo de que ese produto se encontra no seu mellor momento. As súas especialidades son o mar: vieira, ameixa, ostra, sanmartiño, salmonete, rodaballo… E unha adega onde reinan os viños das cinco D.O. galegas, en especial os Rías Baixas.
Ademais da carta de temporada, hai tres menús para escoller: “Menú a la carta”, onde os pratos escólleos o propio cliente; “Menú degustación”, a revisión do seu receitario tradicional baseado nos produtos locais; e “Gran menú Yayo Daporta”, un percorrido completo pola súa cociña.
Bo Ambiente
Coidando o detalle, Yayo montou o seu restaurante nunha casa señorial do século XVI restaurada pola súa familia en 1990. O comedor é un espazo non moi grande, luminoso, e onde locen obras de artistas galegos. A atmosfera édunha elegancia contemporánea e relaxada. Cómpre salientar unha completa adega integrada no comedor e perfectamente illada por un groso cristal.

Estrelas Michelin

1 Estrela Michelin

Soles Repsol

2 Soles Repsol
Arriba
Axúdanos a mellorar!