CASA RURAL OS CARBALLOS

Turismo rural - Grupo-B (Casa de Aldea)
1219
No Camiño de Santiago
Periodos de funcionamento: 01/01 - 31/12

Localización

Parroquia: Perdecanai (Santa María)

Lugar: Outeiro 26

36194  Barro - Pontevedra

Coordenadas:
42º 31' 37.9" N - 8º 38' 06.1" W

Descrición

Antiga casa de aldea típica galega cuxa construción consta do ano 1748, restaurada no ano 2006, convertida nunha coqueta e acolledora Casa Rural, situada a 10 km de Pontevedra en pleno centro das Rías Baixas cunha boa comunicación con outros concellos limítrofes. como Santiago, Sanxenxo, Vigo, Baiona. Casa Rural Os Carballos ofréceche 5 habitacións todas con baño completo, televisión, wifi gratuíto, un amplo comedor onde servimos o almorzo e a cea e diferentes recunchos para escapar e desconectar. Un amplo xardín, cun parque infantil e un estanque con peixes e ras. A nosa casa rural conta cunha piscina para os días de calor do verán, ademais dun  jacuzzi para mergullarse nas súas burbullas e recibir unha relaxante hidromasaxe, sobre todo no inverno. Vive a experiencia de Galicia xunto a unha gran lareira, mentres ceamos e falamos. A primavera e o outono en Pontevedra e en todas as Rías Baixas son dúas estacións para vivir sensacións.
Estás peregrinando a Santiago?
Moitos peregrinos do Camiño Portugués descansan na nosa casa para continuar o seu camiño ata Compostela.
Tes uns días de lecer en Galicia?
Tanto en grupos organizados como individuais, numerosos turistas elixen a nosa casa pola súa céntrica situación para visitar a costa galega de norte a sur e Santiago. 
Estás a traballar ou a facer negocios?
Se precisas visitar clientes na zona máis dinámica de Galicia, non o dubides. A nosa casa ofrécelle todas as comodidades para que só teñas que pensar no teu traballo e proporciona un acceso rápido á autoestrada AP9, a tan só 4 km.
Vide a nosa casa e disfrutade!

Camiños de Santiago

Camiño Portugués
Camiño Portugués da costa

Tipos de servizos

Admisión de animais (consultar)
Aparcadoiro
Berces
Camas supletorias
Comedor
Dereito a cociña
Fálase inglés
Grella
Instalacións para nenos
Internet - Wi-Fi
Lavadora dispoñible- Lavandaría
Piscina
Salón
Tarxetas de crédito (consultar)
Televisión común
Televisor nos cuartos
Xardín / Horta

Aluguer

A casa pódese alugar completa

Réximes

Almorzo

Cuartos

Tipo de cuarto Número de cuartos Número de prazas
Cuartos individuais11
Cuartos uso dobre48
Arriba
Axúdanos a mellorar!