PUNTA INSÚA O DE LARIÑO

Civil
2615

Localización

Parroquia: Lariño (San Martiño)

Lugar: Lariño

15293  Carnota - A Coruña

Coordenadas:
42º 46' 21.2" N - 9º 07' 30.0" W

Descrición

Trátase dunha edificación que merece ser visitada dada a súa singularidade arquitectónica e a fermosura do lugar no que se localiza. Construíuse durante os anos comprendidos entre 1913 e 1921 e é obra do enxeñeiro Salvador López Miño. Está na punta Ínsua, que constitúe o punto xeográfico que axuda a fixar a entrada no arco de Fisterra e a ría de Corcubión.

Ata finais dos anos 80 foi a residencia de sucesivos torreiros e das súas familias e, a partir de 2021, habilítase como establecemento de aloxamento turístico, para converterse nun dos hoteis máis singulares e exquisitos de toda Galicia, pero conservando a súa finalidade principal como faro por iso aínda emite unha luz branca e vermella que alcanza unha distancia de 20 millas.

Arriba
Axúdanos a mellorar!