PR-G94 ROTA DOS MUÍÑOS DO FOLÓN E DO PICÓN

Sendeirismo
No Camiño de Santiago
2468

Localización

O Rosal - Pontevedra

Coordenadas:
41º 57' 23.1" N - 8º 50' 13.8" W

Descrición



Arquitectura tradicional / Etnografía / Interese paisaxístico


Esta pequena ruta fará gozar ó visitante dun atractivo percorrido polos coñecidos muíños do Picón e do Folón, hoxe declarados Bens de Interese Cultural. Estas construcións, situadas dentro deste municipio de fermoso e fragante nome, aséntanse nunhas ladeiras que serven de magnífico miradoiro sobre O Rosal.

Os muíños destacan pola impoñente marabilla de enxeñería tradicional que amosan, así como polo seu aparentemente fráxil equilibrio sobre as costas onde se atopan. Ademais a súa contorna, coidada con esmero, permite ver multitude de especies vexetais especialmente favorecidas pola bonanza do microclima da zona.

Na procura dos antigos sons das moas e dos rodicios, os camiñantes poderán acadar, dende as alturas, unhas magníficas vistas de singular beleza sobre o monte Santa Tegra e sobre o Miño.

Acceso

Pola PO-552 de Tui á Guarda, desviarse pola PO-3302 ata O Rosal. Dende O Rosal accédese ata a Ponte das Penas seguindo as múltiples indicacións na estrada en dirección aos Muíños do Folón.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués

Material

Materiais:

Duración

Duración (horas): 1

Lonxitude

Lonxitude (Km.): 3.5

Dificultade

Fácil

Links

Perfil altitudinal

Altura mínima sobre o nivel do mar: 107 m.
Altura máxima sobre o nivel do mar: 227 m.
Desnivel acumulado baixando: 189 m.
Desnivel acumulado subindo: 187 m.
Perfil de elevación do sendeiro

Punto de partida/chegada

Punto de chegada: A Ponte das Penas.
Punto de partida: A Ponte das Penas - UTM:29T X:513600 Y:4645160

Un plus

A excepcional calidade do viño e a profusión do cultivo de flor e plantas ornamentais nesta zona, son froito do seu especial microclima. Así as Rías Baixas son o lugar da costa do norte de España con maior número de horas de sol, con veráns cálidos pero non abafantes, con escasas precipitacións estivais e con leves diferenzas de temperatura do día á noite.
Pero Galicia non ten un só clima. Pola súa situación xeográfica, situada entre influencias atlánticas, continentais, subtropicais e polares, e pola súa orografía bastante complexa, existen moitos microclimas nas catro provincias.

Acceso a cabalo

Non apto

Cartografía I.G.N. (1:25:000)

Cartografía: Nº 299-I Tomiño

Percorrido

Recorrido: A Ponte das Penas - Molinos del Picón - Molinos del Folón - A Ponte das Penas.

Acceso en bicicleta

Non apto

Servizos

Descrición servizos: En San Miguel de Rosende.

Máis información

Concello O Rosal
Praza do Calvario, 1 - 36770 O Rosal (Pontevedra)
Tel.: 986625000 - Fax: 986626034
www.concellodorosal.es www.orosal.es

Federación Galega de Montañismo
Edificio das Federacións Deportivas Galegas.
Rúa Fotógrafo Luís Ksado, 17, of. 10 - 36209 Vigo
Tel.: 986208758 - Fax: 986207407
e-mail: info@fgmontanismo.com www.fgmontanismo.com

SEGATUR, S.L.
Apdo. 5430 - 36200 Vigo
Tel.: 886117011
e-mail: info@segatur.com www.segatur.com

M.I.D.E.

Esforzo M.I.D.E.:
Itinerario M.I.D.E.:
Desplazamento M.I.D.E.:
Medio M.I.D.E.:

Tipo de percorrido

Pequeno percorrido
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.

Plano

Última actualización: 22/11/2016
Arriba