ÁREA DE ALLARIZ

Espazos naturais
No Camiño de Santiago
1085
Natureza Espazos naturais Reserva da biosfera

Localización

Ourense

A Bola | Allariz | Rairiz de Veiga | Vilar de Santos

Coordenadas:
42º 08' 46.6" N - 7º 49' 01.7" W

Descrición

Prados, ríos, arboredas
Ás cores verdes e azuis da natureza, engádeselles o vermello no logotipo en forma de mosaico que representa a Área Allariz na rede mundial de reservas da biosfera. Vermello dos tellados. Contados pola vella, trinta e dúas parroquias, dez mil almas. Segundo o padrón oficial, algo menos de tres mil habitantes na vila e outros sete mil repartidos en pequenos núcleos de poboación. Só no concello de Allariz existen oitenta pequenos núcleos de poboación.
É un mosaico humano e natural elaborado con séculos de paciencia campesiña. O labor humano ao redor da auga configura daquela esta paisaxe. Dous son os ríos principais da reserva con camiños diferentes: Arnoia, tributario do Miño, e Limia, compartido con Portugal.

Camiños de Santiago

Vía da Prata

Situación

Nos concellos ourensáns de Allariz, Vilar de Santos, A Bola e Rairiz de Veiga.

Superficie

21.482 hectáreas totais.

Servizos

Aloxamento: Si.
Comer: Si.

Sen pérdida

Ao paso do Arnoia por Allariz chámanlle Arnado e conserva un dos paseos fluviais máis fermosos de Galicia. Del salienta o Parque Etnográfico cun muíño visitable e museos dedicados ao liño e ao coiro, pois a curtidoría de peles foi unha actividade importante antano. É imperdible a visita ao dédalo de ruelas en excelente estado de conservación da zona histórica. Lonxe de ser unha zona adormecida, concentra o pulso da vila.
O paseo pola ribeira pode prolongarse desde a área de lecer de Acearrica e seguir o curso do río augas abaixo ata unha das zonas núcleo da Reserva: O Briñal. É un extenso e fermoso traxecto á sombra do bosque da galería fluvial.
En sentido contrario, augas arriba de Allariz, con acceso en coche, está o ecoespazo do Rexo (Requeixo de Valverde) famoso pola intervención escultórica e pictórica do artista vasco Agustín Ibarrola sobre as árbores da ribeira e as pedras.
O outro dos ríos, o Limia, nesta altura é unha lembranza viva dun pasado diferente. Alimentaba a Lagoa de Antela, un dos maiores humidais da Península Ibérica ata a súa desecación completa na década de 1960. A lagoa segue a ser o referente mítico en toda a comarca. Conta cun interesante museo etnográfico en Vilar de Santos e, no concello veciño de Sandiás, dun centro de interpretación do antigo ecosistema lacustre que na actualidade se está a recrear parcialmente nas charcas das explotacións areeiras abandonadas e en proceso de rexeneración natural.

Información e equipamentos

Área gestionada por los ayuntamientos. Concellería de Medio Ambiente de Allariz
Teléfono: +34 988 440 001
Próximo a la reserva: Centro de Interpretación de lal Laguna de Antela
Teléfono: +34 988 465 001
Parque Etnográfico del río Arnoia (Allariz)
Teléfono: +34 988 440 859
Museo Etnográfico da Limia (Vilar de Santos)
Teléfono: +34 988 465 883
Centro Promoción Económica (Allariz)
Teléfono: +34 988 442 210
Aula de la Naturaleza – Ecoespacio O Rexo (Fundación Ramón Glez. Ferreiro)
Teléfono: +34 988 436 182
Enderezo: Sandiás
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.

Plano

Última actualización: 04/05/2015
Arriba