IGREXA PARROQUIAL DE SANTA MARÍA DE LOIMIL

Relixioso
1025
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Loimil (Santa María)

Lugar: Loimil

36588  A Estrada - Pontevedra

Coordenadas:
42º 44' 51.9" N - 8º 21' 55.0" W

Descrición

Cóntanos o cóengo López Ferreiro, redescubridor da tumba do apóstolo no ano 1879, que esta igrexa pertenceu a comezos do século XII á belicosa raíña dona Urraca.
Segue a tipoloxía dos templos de ábsida rectangular e é unha das máis completas da comarca.

A nave conserva as tres portadas orixinais, unha delas tapiada. Exteriormente, na ábsida, destaca pola súa decoración a fiestra central. Aos lados, as dúas semicolumnas acaroadas fan a función de contrafortes e contrarrestan as presións que desde o interior exerce o arco apuntado que reforza as bóvedas de pedra.

Nos cumios da nave e da ábsida presenta, respectivamente, unha laboriosa cruz de entrelazo e un fermoso agnus dei.

Acceso

Saíndo de Santiago en dirección a Ourense pola estrada N-525 a 5,5 km de Ponte Ulla tomamos un desvío á dereita en dirección a Loimil. A 1.125 m, á esquerda, atopamos o recurso.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Vía da Prata
Arriba
Axúdanos a mellorar!