MUSEO DE ARTE SACRA DE VILANOVA DE LOURENZÁ

Museos e coleccións
2161
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Lourenzá (Santa María)

Lugar: Vilanova

Rúa: Praza do Conde Santo, s/n

27760  Lourenzá - Lugo

Coordenadas:
43º 28' 14.3" N - 7º 17' 52.8" W
+34 982 121 073

Descrición

O museo ocupa sete salas da igrexa do Mosteiro de Vilanova de Lourenzá (s. XVIII). Situado na praza do Conde Santo, Don Osorio Gutiérrez, que foi fundador do Mosteiro de San Salvador no ano 969 e peregrino a Terra Santa onde, segundo a lenda, adquiriu un extraordinario sartego (s. V) para o seu descanso eterno.Tódolos anos numerosos romeiros acoden a tocar este sartego nunha romaría moi popular, a do Conde Santo. Outra destacada peza deste museo é o relicario da sancristía en madeira policromada cunha colección de 28 bustos-relicarios de finais do s. XVII. Tamén pezas de xoiería, escultura, pintura, indumentaria, mobles e biblioteca monacal.

Camiños de Santiago

Camiño do Norte

Máis información

https://museos.xunta.gal/gl/lourenza
Patrimonio cultural Museos e coleccións Museos e coleccións visitables
Data de recollida inicial: 01/02/2008
Arriba
Axúdanos a mellorar!