IGREXA DE SAN NICOLÁS DE MILLÁN

Relixioso
891

Localización

Parroquia: Millán (San Nicolao)

Lugar: As Casas Grandes

27466  Sober - Lugo

Coordenadas:
42º 27' 41.9" N - 7º 35' 47.0" W

Descrición

Igrexa de orixe medieval pero restaurada totalmente no século XIX. Presenta nave rectangular con ábsida máis alta e sancristía pegada na cabeceira. Porta lateral de medio punto. Ventás rectangulares . Cruz metálica sobre a ábsida. Campanario de dous vans.  Muros de cachotería, rematados en ángulos , e linteles e arcos con pedra de granito perfectamente cortada.
Cuberta de madeira a catro augas.

No seu interior destaca o retablo maior, neogótico con talles populares, algunha bastante antiga, de San Nicolás, San Silvestre, San Xosé, Santo Andrés. O retablo dereito, barroco de rosetas está composto e repintado, ten unha fornela coa imaxe da Inmaculada, e no esquerdo, neoclásico, cos talles de San Antonio, N. Sra. Das Dores e no centro un Cristo con fondo de táboa pintada que representa a Cidade Santa. 
Arriba