IGREXA DE SAN FIZ DE BAÑOS

Relixioso
1008

Localización

Parroquia: Baños (San Fiz)

Lugar: Baños 54

32369  A Veiga - Ourense

Coordenadas:
42º 14' 02.9" N - 7º 00' 29.0" W

Descrición

A arquitectura de esta igrexa conserva o seu aire de antigüidade, o chan orixinal formado por grandes tablóns de madeira de castaño, baixo os que se realizaban os antigos soterramentos, así coma os confesionarios policromados semiempotrados nos muros e o púlpito.
O seu patrón é San Fiz, representado en unha escultura policromada de grande interese.
Fronte á porta da entrada atópase un retablo da Virxe do Carme de 1647, de estilo manierista. Especial devoción profesan os veciños a Santa Bárbara que adoitan sacar en procesión os días de trono e tormenta.
No pórtico destacan dous columnas con capiteis historiados, un representa a fame e o outro a sede.
No exterior destaca a estreita escaleira de pedra para aceder á espadaña e o reloxo solar de 1799 coa seguinte inscrición:"Clarissimo urbanogue uiro domino Francisco Alonso Augustinos dicavit".

Acceso

Estrada local A Veiga - Baños, a 2 km de A Veiga
Arriba