IGREXA DE SAN MIGUEL DE CARRACEDO

Relixioso
1061

Localización

Parroquia: Carracedo (San Miguel)

Lugar: Carracedo

32368  A Veiga - Ourense

Coordenadas:
42º 15' 02.9" N - 7º 03' 51.9" W

Descrición

Igrexa rural con fachada e torre barrocas. Presenta unha fachada con frontón sinxelo: un lintel adornado lateralmente con pináculos. Sobre o frontón presenta unha ventá cega, que está enmarcada por un arco apuntado; sobre esta ventá pode observarse o corpo de Xesucristo ( ou Sacramento da comuñón).

O exterior da igrexa está realizado en cadeirado. O máis sobresaínte desta igrexa é a súa torre barroca, a cal, presenta os típicos elementos do barroco galego: pináculos con bóla.

Para poder visitala hai que pedirlle a chave aos veciños.

Acceso

Saíndo de Xares, collemos o cruce a man esquerda, para dirixirnos cara á Veiga pasando antes por Requeixo, San Lorenzo e Prado. Na Veiga seguimos ata a ponte que cruza o río Xares e ao pasalo collemos o cruce a man dereita. Pasamos o desvío á área recreativa (a man dereita) e posteriormente o desvío a man esquerda para Castromao. O seguinte desvío a man dereita é o que nos conducirá a Carracedo; e unha vez alí segue todo recto ata atopar a igrexa no centro do pobo.
Arriba