IGREXA PARROQUIAL DE SAN PEDRO DE ESPERANTE

Relixioso
926

Localización

Parroquia: Esperante (San Pedro)

Lugar: Esperante

27324  Folgoso do Courel - Lugo

Coordenadas:
42º 38' 28.9" N - 7º 08' 11.9" W

Descrición

Nave de planta rectangular con cuberta de lousa. Portada no lateral norte con arco de medio punto protexida por un pórtico con dúas columnas monolíticas de calcaria. Fronte con espadana de dous vans e porta tapiada de arco de medio punto. O presbiterio, máis elevado cá nave, ten cuberta de lousa sobre bóveda de canón, revocada de cal e con arco triunfal sobre piares. Conta con varios retablos no seu interior.

Acceso

Entrando en Seoane dende Pedrafita do Cebreiro. Hai unha estrada á esquerda que indica "Visuña / Romeor". A 1 Km deste punto hai unha ponte que debemos cruzar e seguir o camiño da dereita paralelo ao Río Lor durante uns 200 metros.
Arriba