Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: IGREXA MONACAL CONVENTUAL DE SANTO DOMINGO DE TUI&body=Recoméndoche que leas a información IGREXA MONACAL CONVENTUAL DE SANTO DOMINGO DE TUI extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/4598/igrexa-monacal-de-santo-domingo-de-tui?langId=gl_ES
A fábrica comeza en 1330 despois do traslado de los dominicos á nova loxalización. A primitiva igrexa era máis pequena, encaixada entre o convento e a igrexa románica de San Xoán de Porto (desaparecida completamente en 1730). Arredor de 1400 inícianse novas obras para construír a cabeceira actual; a achega do bispo Xoán Fernández de Soutomaior en 1423 foi fundamental para concluír a capela maior. Nave central, orixinalmente máis longa, e cabeceira de tres ábsidas, dúas delas (a maior e a da epístola) con bóvedas de abanico.
A portada principal é de 1730, e a lateral (acceso ao cruceiro) do século XV. No interior destacan os seus retablos barrocos: o principal realizado por Antonio del Villar en 1744, magnífica obra da súa madurez, onde destacan as imaxes dos santos dominicos; e no cruceiro sur o extraordinario retablo de Nosa Señora do Rosario, de arquitecto anónimo portugués, de 1740, cunha representación da batalla de Lepanto no seu ático que o fan único en España. O convento dominico está conservado na case súa totalidade, pero no século XIX desapareceu o seu claustro.
É unha igrexa onde se enterraría a nobreza da rexión (Soutomaior, Correa, Valladares, Troncoso de Lira) pero tamén os ricos mercadores e artesáns da cidade.
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.