Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: MOSTEIRO DA CONCEPCIÓN SANTA CLARA (AS ENCERRADAS)&body=Recoméndoche que leas a información MOSTEIRO DA CONCEPCIÓN SANTA CLARA (AS ENCERRADAS) extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/4599/santa-clara-as-encerradas-?langId=gl_ES
Convento fundado en 1517 sobre outro medieval, de aí a expresión de encerradas que perdura. As obras do edificio conventual van de 1605 a 1617 para a coxía sur e 1748 para a norte. O estilo conxuga o manierismo e o barroco portugués, que se mesturan nun xogo visual coas magníficas reixas das xanelas. A igrexa do convento foi proxectada por Domingo de Andrade en 1688; conta cunha única nave co coro situado sobre ela.
O retablo maior é un magnífico exemplar realizado arredor do ano 1700 por un autor descoñecido. O convento forma un espazo urbano emblemático na cidade histórica; conserva a antiga porta de Santa María da Oliveira, resto do que fora unha das torres dos bispos de Tui desde o século XII ata o século XVI, cando foi doada para a construción do mosteiro.
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.