IGREXA DE SANTO TOMÁS DE CALDAS DE REIS

Relixioso
2296
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Caldas de Reis (San Tomé e Santa María)

Lugar: Caldas de Reis

Avenida As Palmeiras, s/n

36650  Caldas de Reis - Pontevedra

Coordenadas:
42º 36' 15.9" N - 8º 38' 33.9" W

Descrición

Esta igrexa de estilo neomedieval data de finais do século XIX e foi proxectada polo arquitecto Domingo Rodríguez Sesmero. O seu interese radica en ser construída cos restos da Torre de Doña Urraca (residencia dos arcebispos composteláns dende 1228). Esta desaparecida Torre, dende o punto de vista cronolóxico, dificilmente puido ser morada desta raíña, xa que é de estilo gótico posterior ao s. XVII. Os restos que se conservan ademais dalgúns perpiaños, son as ventás e os peitorís que podemos ver incrustados nos muros da ábsida desta igrexa parroquial moderna. O seu nome, San Tomás, impúxoselle en recordo ao paso de San Tomás de Canterbury pola vila en 1170.

Acceso

Núcleo capital municipal

Camiños de Santiago

Camiño Portugués
Camiño Portugués da costa
Arriba
Axúdanos a mellorar!