MUSEO PARROQUIAL DE SAN MARTIÑO DE MONDOÑEDO

Museos e coleccións
772

Localización

Parroquia: San Martiño de Mondoñedo (San Martiño)

Lugar: O Caritel

27789  Foz - Lugo

Coordenadas:
43º 33' 39.7" N - 7º 18' 11.8" W
+34 982 132 607

Descrición

Instalado nas naves da Basílica de San Martiño de Mondoñedo, templo que foi sé episcopal da actual diocese de Mondoñedo desde o ano 870 ó 1113. É unha obra singular dentro do románico galego na que se aprecian claras influencias asturiana, lombarda, visigótica e sueva. Conta con obxectos relixiosos entre os que destacan un báculo e un anel de ouro, ambos do século XI, que se lles dá a bicar ós fieis o día da festividade de Don Gonzalo (último domingo de novembro), personaxe coñecido como ?O Bispo Santo?.
INFORMACIÓN TEMPORAL: Pechado temporalmente ó público. Posible cambio de sede aos baixos da rectoral.

Máis información

https://museos.xunta.gal/es/san-martino-mondonedo
Patrimonio cultural Museos e coleccións Museos e coleccións visitables
Data de recollida inicial: 01/02/2008
Arriba