Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: CAPELA DE SAN ROQUE&body=Recoméndoche que leas a información CAPELA DE SAN ROQUE extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/4869/capela-de-san-roque?langId=gl_ES
A igrexa orixinal pertenceu ao convento franciscano de Sancti Spiritus, cuxa fundación se remonta a 1325. Da primitiva igrexa románica só se conserva a súa portada principal, hoxe situada na capela de San Roque, erixida en 1949. Este templo de nova factura incorporou elementos de igrexas medievais demolidas, como a de San Pedro.
A portada ten catro arquivoltas de medio punto, fondamente decoradas con variados motivos ornamentais, como arquiños, rosetas e boceis en zigzag. Tanto os capiteis coma o cimacio corrido e a chambrana adórnanse con figuras fitomórficas; nesta última a ornamentación pétrea destaca por unha carnosidade plenamente lograda.
A carón desta portada atópase o que é considerado coma un dos cruceiros máis antigos de Galicia, realizado no século XIV; non é unha peza puramente gótica, xa que na súa factura aprécianse trazos do románico. Sábese que cambiou varias veces de situación ata o lugar actual. Da súa importancia deriva que Castelao afirmase na súa obra As cruces de pedra na Galiza que se trata do cruceiro galego máis antigo; ademais, pode dicirse que é o máis emblemático do Camiño Francés. Aséntase sobre un pedestal moderno, con fuste octogonal e rematado en cruz. Esta última, dunha soa peza, presenta por un lado a Cristo en maxestade; é un Cristo resucitado, triunfante sobre a morte, que cingue a súa cabeza con coroa real e amosa as chagas da Paixón. Esta imaxe deriva da do Salvador do tímpano do Pórtico da Gloria. Na outra cara represéntase unha deesis, Cristo crucificado e flanqueado aos pés pola Virxe María e o apóstolo san Xoán. Hai estudosos que apuntan que a cruz puido formar parte orixinalmente dun altar pétreo, posiblemente pertencente á desaparecida igrexa medieval de San Pedro.
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.