IGREXA DE SANTA MARÍA A MAIOR DE IRIA FLAVIA (ANTIGA COLEXIATA)

Relixioso
No Camiño de Santiago
500

Localización

Parroquia: Iria Flavia (Santa María)

Lugar: Iria Flavia

15917  Padrón - A Coruña

Coordenadas:
42º 44' 45.0" N - 8º 39' 19.0" W

Descrición

Reconstruída no s. XVII por mandato do arcebispo Monroi. O templo primitivo databa do s. I d. de C. pero foi destruído por Almanzor no ano 999. O arcebispo Gelmírez ordena a reconstrución no s. XII. Ten unha nave de planta rectangular. A fachada ten unha portada con arcos apuntados sobre columnas e no tímpano represéntase a Adoración dos Reis Magos. Hai torres oxivais graduadas e varias vidreiras. Ten retablos, o maior é obra de Miguel de Romay e posúe un talle pétreo da Virxe, con imaxes no interior. Alberga varios sarcófagos pétreos e un mausoleo. Foi colexiata ata que en 1851 o Concordato a suprime e a reduce a parroquia. Nas súas inmediacións acháronse varios sepulcros antropomorfos, lápidas, estatuas medievais e outras pezas.

Accesibilidade

Peonil e/ou en autobús e/ou en coche.

Acceso

Dende a capital municipal, tómase a N-550 en dirección a Santiago. A uns dous km está Iria Flavia.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués
Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.
Última actualización: 06/07/2017
Arriba