IGREXA DE SANTA MARTA DE ORTIGUEIRA

Relixioso
360

Localización

Parroquia: Ortigueira (Santa Marta)

Lugar: Ortigueira

Rúa: de Isabel II

15330  Ortigueira - A Coruña

Coordenadas:
43º 41' 05.0" N - 7º 51' 18.0" W

Descrición

Igrexa parroquial, erguida de nova planta no século XVIII (1776-1799), segundo os canons do dominante estilo neoclásico. Presenta unha planta de cruz latina, cunha soa nave. O interior está cuberto por unha bóveda de canón. Á nave ábrense as distintas capelas laterais. Destacan dous magníficos retablos: o do altar maior e o do Rosario. No exterior o acceso ao templo realízase a través dun pórtico de catro arcos, tres de medio punto e un rebaixado na parede lateral. Sobresaen un corpo superior abalconado e unha torre. Os panos dos muros, de cachotaría, contrastan coas magníficas pezas de cadeirado dos esquinales e contornos de vans. Constitúe un conxunto arquitectónico co antigo convento dos dominicos, actualmente sede de dependencias municipais e en parte destinado a actividades culturais (teatro...). De feito, o adro da igrexa forma un ángulo recto coa fachada principal do antigo convento.

Acceso

Está no núcleo urbano.

Accesibilidade

Peonil e/ou en autobús e/ou en coche.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.
Última actualización: 06/06/2017
Arriba