IGREXA PARROQUIAL DE SAN PAULO DE RIOBARBA

Relixioso
204

Localización

Parroquia: Río Barba (San Paulo)

Lugar: O Chao

27860  O Vicedo - Lugo

Coordenadas:
43º 40' 15.0" N - 7º 40' 03.9" W

Descrición

Edificio construído por Fernán Pérez de Andrade a finais de o s. XIV que aínda conserva a insignia deste nobre medieval: o xabaril, igual que acontece na igrexa de Santa María de Cabanas de O Vicedo. O pórtico e alpendre lateral sur son de data moi posterior. De planta rectangular, fabricada con muros de cachotería irregular de granito e lousa, con cuberta luosenta a dúas augas en nave. Figura do xabaril con cruz lobulada nun dos ángulos da cuberta. Frontis oculto por un pórtico cuberto con entradas laterais, espadana de dous vans e fornela con escultura de San Paulo, debaixo da que pode lerse unha lenda: "Yzse. Sdo. Cura Ant. Dnez. Ano 1736". Porta principal con arquivoltas e tímpano apuntado co escudete dos Andrade, sostido por dúas columnas con capiteis de follas e animais fantásticos en actitudes retorcidas. Porta lateral en arco. Interior: escudete dos Andrade na nave, restos de pinturas murais do s. XV coa figura de San Paulo no presbiterio e retablo maior rococó con interesantes talles do s. XVIII.

Acceso

Accesos: Dende O Vicedo tomamos a estrada en dirección a Negradas. No camiño deixaremos atrás un cruzamento (Folgueiro- Negradas). A uns 5 km. atoparémonos cun segundo cruzamento, onde xiramos á dereita en dirección a Riobarda. A 1 km. desembocamos na igrexa.

Accesibilidade

Peonil e/ou en coche e/ou en autobús.
Última actualización: 08/03/2017
Arriba