IGREXA DE SAN VICENZO DE CESPÓN

Relixioso
1427
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Cespón (San Vicenzo)

Lugar: A Igrexa

15991  Boiro - A Coruña

Coordenadas:
42º 40' 33.0" N - 8º 51' 16.9" W

Descrición

Levantada no s.XII, probablemente sobre unha necrópole romana, foi sometida ao longo da súa historia a varias transformacións. Ésto leva consigo que neste edificio coexistan diferentes estilos, dende o románico ata o neoclásico, pasando polo gótico ou o barroco. É de planta de cruz latina cunha soa nave, con dúas capelas laterais e unha ábsida na cabeceira. Está cuberta por unha bóveda de canón rebaixada que se apoia en arcos faixóns de medio punto. Os seus muros son de cantería de granito. A fachada principal conserva a portada románica, abucinada con arquivoltas sobre dous pares de columnas. Foi reedificada en 1690, segundo reza unha inscrición. Sobre a portada hai un óculo abucinado. No lateral norte levántase unha torre-campanario.
No interior cabe destacar o baldaquino gótico tardío do s. XVI, situado á entrada e composto por dous arcos conopial tallados con escenas dos Apóstolos e o Descendemento.

Acceso

Dende Boiro tomamos a estrada xeral (AC-305) con dirección a Padrón, a 2 km aproximadamente, no lugar de Cespón, atopamos un cruce á dereita cun indicador que sinala a igrexa parroquial de Cespón. Tomaremos esa pista que nos conducirá á igrexa.

Camiños de Santiago

Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Arriba