Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: IGREXA DE SANTIAGO DE CARRIL&body=Recoméndoche que leas a información IGREXA DE SANTIAGO DE CARRIL extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/5084/igrexa-parroquial-de-santiago-de-carril?langId=gl_ES
Parroquia: O Carril (Santiago)
Lugar: O Carril
Rúa Extramuros 11
36610 Vilagarcía de Arousa - Pontevedra
A igrexa de Carril dedicada a Santiago Apóstolo, foi construída no século XVII, rematan as obras no ano 1666.
A súa orixe é gótico, como o amosan os arcos e nervaduras da capela das Ánimas, a traza xeral é renacentista.
A fachada organízase ao redor de dúas grandes columnas acanaladas rematadas en pináculo. Entre estas e a porta de acceso dispóñense catro imaxes de pedra. Sobre a porta ábrese un gran rosetón e enriba deste, en releve, a figura de Santiago Apóstolo a cabalo.
O retablo maior foi traído da igrexa de Santo Domingo de Bonaval, en Santiago. Obra do arquitecto Domingo de Andrade, un dos principais representantes do barroco galego, chegou a Carril coincidindo coa apertura da liña de ferrocarril Santiago-Carril, a primeira de Galicia. No seu interior pódese admirar a mesa do altar que, na súa orixe, estivo na cripta da catedral de Santiago de Compostela e albergou os restos do Apóstolo.
Do exterior destaca o cruceiro que se atopa entre os mellores de Galicia.
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.