RUINAS DE SANTA MARIÑA DOZO

Relixioso
No Camiño de Santiago
684

Localización

Parroquia: Cambados (Santa Mariña)

36630  Cambados - Pontevedra

Coordenadas:
42º 30' 42.9" N - 8º 48' 27.0" W

Descrición

Sobre unha capela románica do s. XII, D. Lope Sánchez de Ulloa construíu a igrexa de Santa Mariña Dozo, que foi restaurada e ampliada pola súa filla Dna. María de Ulloa a finais do s. XV.
De estilo gótico mariñeiro, presenta tamén trazos renacentistas. Consta dunha soa nave dividida por catro arcos transversais románicos, cinco capelas laterais, sacristía e capela maior. No seu interior destaca a decoración con bolas sobre os arcos e capelas. Nun destes arcos está representado un dos sete pecados capitais, “a preguiza”. Nas capelas sobresaen as iconografías en relevo con escenas bíblicas, tales como a Visitación, Cristo e os Apóstolos, a expulsión do paraíso ou os pecados capitais.
Os seus restos foron declarados Monumento Nacional no ano 1943 e albergan hoxe en día “o máis melancólico camposanto do mundo” en palabras do escritor Álvaro Cunqueiro, gran admirador da vila cambadesa.
Dende decembro do 2013 e, tras o 70 aniversario como Monumento Nacional, o Concello de Cambados conseguiu a inclusión das Ruínas de Santa Mariña Dozo na prestixiosa Asociación de Cemiterios Singulares de Europa (ASCE), sendo así, o primeiro cemiterio da provincia de Pontevedra en pertencer a este selecto grupo, e é o cuarto da nosa Comunidade Autónoma, tras o Cemiterio de San Amaro da Coruña, o Cemiterio Inglés de Camariñas e o Cemiterio de Lugo.

Acceso

Na mesma vila de Cambados.

Camiños de Santiago

Ruta do Mar de Arousa e Ulla

Declaración

Ben de Interese Comunitario
Última actualización: 02/10/2018
Arriba